CRTVG

Buscar

15-M: dez anos dunha mobilización social que cambiou a política en España

Publicado o 15/05/2021 21:59

Cúmprense dez anos do estourido de indignación do 15-M, que tivo como referente a Porta do Sol madrileña e que se proxectou a prazas e rúas de numerosas cidades españolas.

O movemento de protesta chegou a ter eco noutras urbes do mundo a raíz do caso español. Os acampados e manifestantes pedían unha democracia máis participativa que superase o bipartidismo político e unha auténtica división de poderes. En plena crise económica, naquel 2011, tamén protestaban contra o dominio das grandes corporacións económicas e financeiras. Dez anos depois, o 15-M é obxecto de análise, balance e lembranza.

Noticias web

15/05/2021