Devolve na Policía Local de Lugo o coche que roubara unha semana antes
Publicado o 20/10/2020 14:57

Un home de 49 anos foi detido cando se presentou nas dependencias da Policía Local de Lugo para devolver un coche que roubara unha semana antes. Ante a sorpresa dos axentes confesou que viu o vehículo estacionado e coas chaves postas, e que decidiu levalo malia non ser da súa propiedade.
Logo de comprobar que o propietario do turismo presentara, efectivamente, unha denuncia pola súa desaparición, procederon á detención do home. Xa se lle abriron dilixencias por un suposto delito de furto.