CRTVG

Buscar

Devastación en Centroamérica e no Caribe ao paso do furacán Iota

Publicado o 19/11/2020 08:54

A tormenta tropical Iota desfíxose este mércores despois de causar unha gran devastación no Caribe e en Centroamérica. Polo menos causu 26 vítimas mortais. Era o segundo furacán que atravesaba a rexión en pouco tempo. O paso de Eta hai dúas semanas xa destruíra infraestructuras e terreos de cultivo, deixara milleiros de persoas sen fogar e ducias de desaparecidos e de falecidos.

 

Noticias web

19/11/2020