CRTVG

Buscar

Deulle a unha amiga unha caixa cunha cabeza humana dentro

Publicado o 30/09/2019 20:06

A Garda Civil detivo unha muller en Castro Urdiales. Vive neste edificio. Chámase Carmen e ten uns 60 anos. No mes de marzo, Carmen entregoulle unha caixa a unha amiga. Díxolle que a súa parella a deixara e que nesa caixa había xoguetes eróticos del que non quería conservar. Pero a caixa empezou a cheirar. E cando a abriron, viron que dentro había unha cabeza humana. A muller que fixo a descuberta tivo que ser atendida por unha crise de ansiedade.

"Eu creo que foron celos, porque mandarlle a cabeza a unha amiga e con xoguetes sexuais... Igual tiña celos dela. Non mo explico".

A dona da caixa, por suposto, está detida. Agora fan probas para confirmar se a cabeza pertence á súa ex-parella, un home vasco de 67 anos que leva meses desaparecido.

"Despois da desgraza, estamos contentos porque se é el apareceu. Que non sabiamos nin onde paraba nin se está vivo ou morto".

O xulgado que leva o caso, decretou o segredo do sumario.

Noticias web

30/09/2019