CRTVG

Buscar

Detidos tras asaltar dúas veces o mesmo hotel en Barcelona

Publicado o 30/10/2019 12:45

Detidos dous homes que asaltaron dúas veces o mesmo hotel de Esplugues de Llobregat. As cámaras de seguridade gravaron o momento en que os dous homes, de 25 e 27 anos, entraban armados con coitelos e ameazaron o recepcionista e dous clientes. Marcharon cos cartos da caixa e pouco despois foron detidos polos Mossos, que investigan agora se participaron noutros delitos.

 

Noticias web

30/10/2019