CRTVG

Buscar

Detidos os tres tripulantes dun pesqueiro interceptado ao sur das Canarias con 18 toneladas de haxix

Publicado o 29/03/2021 13:09

Axentes da Axencia Tributaria interceptaron ao sur das illas Canarias un pesqueiro de bandeira panameña que transportaba 18 toneladas de haxix.

Os tripulantes do barco, tres homes de nacionalidade ucraína, quedaron detidos e foron trasladados, xunto coa droga, á base naval das Palmas para pasar a disposición xudicial.

O pesqueiro, que saíra en decembro de Holanda, foi detectado por medios aéreos do servizo de Vixilancia Aduaneira fronte ás costas galegas e seguido permanentemente ata a súa abordaxe o pasado sábado en augas do Atlántico.

Noticias web

29/03/2021