CRTVG

Buscar

Detidos en Valladolid cando manipulaban case mil quilos de cocaína impregnados en carbón vexetal

Publicado o 01/06/2021 20:23

Cae un histórico narco do País Vasco e outros dous homes cando manipulaban, en Valladolid, case mil quilos de cocaína impregnados en carbón vexetal. Procedía de Colombia. É o alixo de droga máis grande incautado en Castela e León. Saco a saco, durante quince días, medio cento de axentes foron queimando o carbón vexetal de case mil cincocentos sacos de carbón ata que deron cos oitocentos sesenta e dous quilos de cocaína. Os narcos usaron un complexo proceso químico para camuflar a droga, que non lles permitía aos cans especializados localizar a coca. O alixo atopado tería un valor no mercado duns trinta millóns de euros.

Noticias web

01/06/2021