CRTVG

Buscar

Detidos en España dous pederastas buscados a nivel internacional

Publicado o 23/05/2020 14:05


A Policía Nacional detivo nas últimas horas en España dous pederastas perigosos que figuraban entre os máis buscados internacionalmente. Os axentes realizaron as detencións en Gandía e en Xixón como resultado dunha investigación de case dous anos. Todo comezou despois de localizar en España o escenario dunhas imaxes con graves abusos sexuais a unha cativa de cinco anos. As primeiras indagacións comezaron coa alerta dada pola policía de Australia en maio de 2018.

A detención dun home en Xixón e despois de constatar a súa suposta participación en feitos semellantes con outras dúas nenas do seu círculo familiar, permitiulles aos axentes identificar o seu mentor, outro pederasta recoñecido na comunidade pedófila. Residente en Gandía, accedía de xeito ilegal ao contido do ordenador do veciño de Asturias na rede Tor para compartilo entre a comunidade pedófila.

Noticias web

23/05/2020