Detidos en Barcelona dous turistas italianos por presuntos abusos sexuais
Publicado o 23/08/2020 21:35
Os Mossos d'Esquadra detiveron dous turistas italianos por presuntos abusos sexuais contra dúas mozas en Barcelona, tras drogalas cun medicamento.
Os feitos ocorreron o 16 de agosto, cando as dúas rapazas estaban nun local de Sant Adriá de Besós e coñeceron uns mozos que estaban na mesa contigua.
Ao día seguinte as dúas vítimas espertaron nun estado de confusión e atordamento e só lembraban estar espidas noutro piso e na compaña dos dous rapaces que coñeceran previamente. Tras dirixírense a un centro hospitalario, unha analítica revelou o consumo dun fármaco sedante. A policía identificou os presuntos agresores sexuais a través das súas contas nas redes sociais.