CRTVG

Buscar

Detidos dous mozos da Coruña que cultivaban 400 plantas de marihuana

Publicado o 22/04/2021 14:54

O cultivo ilegal estaba dentro dunha casa unifamiliar na Coruña, onde os efectivos da Garda Civil contaron 400 plantas de marihuana xa grandes, tanto, que os gromos deron un peso de 20 quilos. Segundo os investigadores, todo iso dentro dun equipamento sorprendente polo seu nivel co obxectivo de sacar adiante e comercializar as colleitas.

Os detidos como presuntos donos da plantación son dous veciños da Coruña, de 21 e 25 anos de idade, con antecedentes policiais por roubos. 

A vivenda que agochaba o cultivo da marihuana, con luces prendidas día e noite, estaba enganchada á rede eléctrica cunha acometida ilegal.

Noticias web

22/04/2021