Detidos dous menores acusados de abusar dunha moza de 15 anos en Murcia

Dous menores de 15 anos foron detidos pola Policía Nacional, que tamén busca un mozo de 20 anos por agredir e abusar sexualmente dunha adolescente de 15 anos en Murcia.
Segundo informaron fontes deste corpo, o suceso tivo lugar o pasado 18 de abril arredor das 19 horas nun aparcadoiro público situado xunto a un céntrico parque de Murcia, onde os tres mozos quedaran coa vítima para beber e manter relacións. Ao parecer, a menor coñecía os tres implicados e mantivera unha relación sentimental cun deles, segundo relatou aos axentes cando interpuxo a denuncia.
Cando quedaron, os catro beberon unha botella de whisky e, segundo a vítima, foron ao aparcadoiro para manter relacións sexuais, ao que nun principio se prestou por atoparse en estado de embriaguez, pero que logo se negou a levar a cabo. Segundo as fontes, os mozos gravarían un vídeo do ocorrido no aparcadoiro.
Os detidos prestaron declaración ante os axentes do Grupo de Menores da Policía e foron postos en liberdade baixo a tutela dos seus pais, mentres continúa a procura home que participou, presuntamente, nos feitos e que está identificado.