Detidos dous homes pola suposta implicación na morte dun turista británico en Tenerife
Publicado o 27/08/2019 16:42
Dous homes detidos pola suposta implicación na morte dun turista británico nunha zona de lecer en Arona, Tenerife. A vítima faleceu tras unha pelexa nos arredores dun local nocturno. As diferentes testemuñas da agresión identificaron dous homes, de 29 e 30 anos, como presuntos autores do delito.
Tras unha forte discusión, o mozo británico foi agredido violentamente. Resultou imposible salvar a vida do agredido malia a rápida atención médica no mesmo lugar dos feitos.