Detidos cinco membros dunha banda itinerante por roubos en varias cidades galegas
Publicado o 10/08/2021 11:40

Detidas en Vigo cinco persoas de nacionalidade croata presuntamente pertencentes a unha banda itinerante que asaltaba domicilios en distintos puntos de Galicia.
Os roubos estanse a multiplicar no verán, momento en que moitas familias marchan da casa de vacacións. Onte mesmo dabamoslles conta de máis dunha ducia de denuncias presentadas ao longo da fin de semana na cidade da Coruña.