Ingresa en prisión o acusado por atropelar adrede un empregado dunha gasolineira da Laracha
Publicado o 21/02/2020 17:24

Prisión provisional e sen fianza para o home que supostamente atropelou a propósito un empregado dunha gasolineira da Laracha cun coche roubado O Xulgado de Instrución número 1 de Carballo decretou o ingreso no cárcere do home, de 26 anos, e que conta cun amplo historial delituoso por condución temeraria e roubo. O home foi detido pola Garda Civi nun hostal de Arteixo. Estaba cun menor, que quedou baixo a tutela dos seus pais. A vítima tivo que ser hospitalizada con politraumatismos.