CRTVG

Buscar

Detido un policía local de Santiago acusado de pedir cartos a cambios de favores

Publicado o 25/04/2019 19:59

Un policía local de Santiago quedou detido este xoves, acusado de pedirlle cartos aos cidadáns a cambio de facilitarlle a concesión de licenzas urbanísticas ou de facer a vista gorda ante determinadas infraccións.

Este axente traballaba no departamento de Urbanismo e fora denunciado por un veciño, ao que supostamente lle pediu cartos a cambio dun favor. Desde entón estaba xa apartado do servizo.

Esta mañá, a policía arrestouno tras rexistrar as dependencias municipais na súa presenza.

Noticias web

25/04/2019