Detido un mozo que circulaba ebrio cun patinete electrico por unha estrada de Vilaboa
Publicado o 09/06/2020 13:33

Un mozo de 20 anos foi sorprendido pola Garda Civil circulando cun patinete eléctrico en estado ebrio por unha estrada interurbana do municipio pontevedrés de Vilaboa.
Os axentes interceptaron o mozo, natural de Pontevedra, preto das cinco da madrugada do domingo pasado, á altura do quilómetro 130 da N-550.
Tras realizarlle a proba de alcoholemia, o condutor do patinete deu un resultado positivo de 0,47 mg/l en aire expirado, case o dobre do límite máximo permitido.
A Garda Civil denunciouno por circular por unha vía interurbana sen causa xustificada e por facelo en estado de embriaguez.
Ambas infraccións suporanlle unha sanción de 500 euros e a perda de catro puntos no seu permiso de conducir.