Detido un menor en Toledo por matar o pai e a madrasta
O dobre homicidio sucedeu neste terreo de caza, no concello toledano de Villarejo de Montalbán, de apenas setenta habitantes. Segundo os primeiros indicios, un mozo de 17 anos disparou dúas veces contra seu pai, Emmanuel de 38 anos, e outra dúas contra a muller deste, Micarla de 25. O servizo de ermerxencias recibiu o aviso arredor das nove e media da noite. Unha chamada alertou os responsables municipais.
Salvador Aguilar, alcalde de Villarejo de Montalbán: "Entón a tenenta de alcalde chamou ao fixo e ao ver que non contestaba chamoume a min, que estaba pasando algo, que non era normal"
Os servizos sanitarios e o xuíz de garda desprazados ao lugar atoparon os dous cadáveres nunha casa da parcela onde residían o matrimonio e o fillo del. A Garda Civil arrestouno como presunto autor do dobre homicidio. Os corpos das vítimas foron trasladados a un tanatorio de Talavera de la Reina. Os tres son de nacionalidade brasileira e levaban moito tempo vivendo na vila. Os veciños non entenden que puido pasar porque nunca houbo problemas.
Salvador Aguilar, alcalde de Villarejo de Montalbán: "Xente que era nova e ademais eran queridos porque aquí portáronse ben"
A vítima coidaba deste terreo de caza, que é propiedade dun avogado madrileño e tiña varias armas. Os investigadores cren que o presunto homicida puido utilizar unha desas armas para matar o seu pai e a muller del.