CRTVG

Buscar

Detido un ladrón que roubou en sete tendas de Barcelona en menos dun mes

Publicado o 27/09/2020 13:39

Os Mossos d'Esquadra detiveron un ladrón multirreincidente, que acumula 40 detencións e que, en menos dun mes, roubou teléfonos móbiles, tabletas, alimentos e diñeiro en efectivo en sete establecementos do Eixample de Barcelona.

O home, de 34 anos é de nacionalidade marroquí, e accedía aos locais tras forzar as persianas cando había pouca xente pola rúa.
A policía atribúelle outros catro roubos con forza e un atraco en Barcelona polo que tiña pendente unha orde de busca.
 

Noticias web

27/09/2020