CRTVG

Buscar

Detido un indixente por unha suposta violación a unha muller en Santiago de Compostela

Publicado o 01/02/2019 14:26

A vítima e o suposto agresor son indixentes e coñecéronse nunha institución benéfica de Santiago. Ela non tiña onde durmir e el ofreceulle a casa onde reside e que ocupa nunha zona próxima á alameda de Santiago, no barrio do Pombal. Unha vez alí, e malia que a muller se negou a manter relacións sexuais con el, o home forzouna e cando a vítima quixo abandonar a vivenda, impediullo baixo ameazas.

A muller logrou fuxir e denunciou a agresión na comisaría da Policía Nacional, que iniciou as investigacións para identificar e localizar o suposto agresor.

Días despois, os axentes lograron identificar e deter o presunto agresor, que ten numerosos antecedentes policiais. O arrestado pasou a disposición xudicial nas últimas horas.

Noticias web

01/02/2019