CRTVG

Buscar

Detido un home que roubaba nas casas de anciáns tras pedirlles esmola

Publicado o 25/08/2021 10:36
Detido un home que roubaba nas casas de anciáns tras pedirlles esmola

A Policía Nacional detivo en Vigo un home que se facía pasar por mendigo para roubar nas casas de anciáns e facer compras coas súas tarxetas de crédito. O home, que xa é un vello coñecido das forzas de seguridade, ía porta por porta pedindo esmola, gañaba a confianza dos maiores e descubría os seus horarios de entrada e saída.

Despois aproveitaba a ausencia dos anciáns para acceder ás vivendas a través dunha fiestra, ou mesmo nalgúns casos empregando a violencia física. O delincuente levaba diñeiro, xoias, reloxos, móbiles e ferramentas. Tamén roubaba as carteiras para facerse coas tarxetas bancarias.

Noticias web

25/08/2021