CRTVG

Buscar

Detido un home en Tarragona por matar a parella tras causarlle graves queimaduras

Publicado o 27/04/2021 08:53

Os Mossos d'Esquadra detiveron un home como presunto autor da morte da súa parella en La Bisbal del Penedès (Tarragona), despois de que este luns lle cusase graves queimaduras, como consecuencia das cales a vítima morreu nun hospital de Barcelona.

A vítima era unha muller de 50 anos, e a súa parella un home de 37, de nacionalidade española e veciño de La Bisbal del Penedès.