CRTVG

Buscar

Detido un home por acoitelar a súa ex-parella nunha praza de Salamanca

Publicado o 02/05/2019 20:14

Unha muller foi apuñalada esta tarde nunha praza de Salamanca, segundo informou o 112 de Castela e León. Un home duns 50 anos foi detido por esta agresión despois de que regresara á prisión de Topas tras gozar dun permiso penitenciario. Nese centro cumpría unha condena. Ao parecer, apuñalou a súa ex-parella no tórax. Non consta que houbera antecedentes por violencia machista nin existía ningunha medida contra el nin denuncias previas.

A muller está en estado grave no hospital de Salamanca.

 

Noticias web

02/05/2019