CRTVG

Buscar

Detido polo homicidio dun home de Chapela atopado amordazado na súa casa

Publicado o 16/03/2021 14:42

O arrestado en relación co crime de Chapela é un home da zona. Un coñecido da vítima e tamén dos seus veciños. A súa detención deixa unha enorme sorpresa entre os que coñecían o falecido.

"Era amigo meu, estabamos sempre no colexio, todos os días. Quedei flipado, din que era de aquí, 'o matanzas de Chapela', pero non sei se era el ou non, é o que dixeron hoxe, a ver que pasa".

O arrestado pasará a disposición xudicial este mércores a partir das 9 da mañá. Polo de agora non hai constancia de que confesase o crime. Mentres tanto, a policía segue reunindo probas. Este martes fixo polo menos un rexistro e estuda tamén a información do móbil do detido.

Os investigadores tratan de determinar se houbo máis persoas implicadas no suceso. A operación continúa aberta e as actuacións son secretas. Pero o xulgado autorizou o comisario de Vigo para que compareza este mércores ante a prensa e dea algún dato que non comprometa a investigación.

Lembramos que o suceso ocorreu o 31 de xaneiro. Roberto, de 51 anos, apareceu morto na súa casa . Estaba amordazado, atado de pés e mans e coa cabeza cuberta cun chaleco. A casa estaba ordenada e ninguén forzara a porta.
 

Noticias web

16/03/2021