Detido un home pola violación dunha moza en Barcelona
Publicado o 19/04/2021 08:14

A Garda Urbana de Barcelona prendeu un home sospeitoso de violar unha moza. Os feitos sucederon o domingo de madrugada no barrio da Barceloneta. Foi a moza a que lles facilitou aos axentes a descrición do agresor.
Prendérono pouco despois e quedou detido nunha comisaría dos Mossos d´Esquadra á espera de declarar no xulgado de garda. Tamén prenderon outro home que ía co presunto violador.