CRTVG

Buscar

Detido un home pola morte dunha muller en Fuenlabrada hai un ano

Publicado o 02/06/2020 13:50

A policía detivo o presunto autor da morte dunha muller de 83 anos acontecida hai un ano en Fuenlabrada. O detido, tamén octoxenario, era amigo da vítima, coa que adoitaba coincidir nunha sala de bingo local. 

Os feitos remóntanse ao 21 de maio do ano pasado, cando Mercedes, de 83 anos, apareceu morta na súa casa de Fuenlabrada con varias coiteladas.

A investigación determinou que o móbil foi o roubo, porque da vivenda da vítima faltaban entre seis mil e sete mil euros, ademais de numerosas xoias.

Despois dun ano de investigación, a policía detivo un amigo de Mercedes, tamén octoxenario. Agora sábese que ambos os dous adoitaban coincidir xogando nunha sala de bingo local. E foi aquí onde precisamente apareceu a pista definitiva. Os axentes comprobaron que o agora detido acudira xogar nos días posteriores ao crime levando grandes cantidades de diñeiro. Ademais, nun rexistro da súa casa, atoparon varios efectos que, con toda seguridade, pertencían á vítima.

O home foi posto a disposición xudicial e decretouse o seu ingreso en prisión.

 

Noticias web

02/06/2020