CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Vigo acusado dun delito de violencia machista

Publicado o 24/05/2021 13:29
Deteñen un home en Vigo acusado dun delito de violencia machista

Detido en Vigo un home como suposto autor dun delito de violencia de xénero. Sucedeu despois de que os veciños dun inmoble da rúa Urzaiz alertaran a Policía Local, xa que nunha das vivendas do edificio se estaba a producir unha forte discusión entre un home e unha muller.

Cando os axentes entraron no domicilio da parella, constataron que a muller sufrira unha agresión e procederon á detención do home. Abriron dilixencias por un presunto delito de violencia doméstica. 

Noticias web

24/05/2021