CRTVG

Buscar

Detido un home en Ponferrada tras tirar pola ventá unha muller coa que compartía a vivenda

Publicado o 10/03/2021 17:31
Detido un home en Ponferrada tras tirar pola ventá unha muller coa que compartía a vivenda

En León, deteñen un home acusado de tirar pola ventá unha muller coa que compartía a vivenda. A vítima, de 63 anos, foi trasladada ao hospital, pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Os feitos ocorreron de madrugada en Ponferrada. O home ten 52 anos. Segundo os veciños podería sufrir un trastorno mental. Ao parecer, o suposto agresor e a muller non tiñan unha relación, polo que en principio se descarta que fose un caso de violencia machista.

Noticias web

10/03/2021