CRTVG

Buscar

Detido un home de 51 anos por violencia machista en Pontevedra

Publicado o 01/02/2021 11:00

En Pontevedra, a Polícia Local detivo un home de 51 anos por un delito de violencia machista. Foron os veciños os que alertaron a policía ao escoitar a muller pedindo axuda pola fiestra.

Segundo o relato da vítima, invitara o pai da súa filla a comer na casa polo seu aniversario. Despois do xantar, presuntamente o home colleulle o seu teléfono móbil e encerrouse no balcón con el.

Ao regresar ao interior da vivenda tirou ao chan o teléfono, o que causou medo na vítima, que se encerrou no cuarto de baño ata a chegada da policía.

O home golpeou a porta ata rompela na parte superior. Despois foi detido como presunto autor dun delito de violencia machista e pasou xa a disposición xudicial.

Noticias web

01/02/2021