Detido un home de 31 anos por matar outro a puñaladas en Sevilla
Publicado o 25/12/2019 20:33
A Policía Nacional detivo en Sevilla un home de 31 anos pola morte doutro, de 47. O suceso ocorreu de madrugada no barrio de San Jerónimo. Ao parecer, o detido abalanzouse sobre a vítima despois dunha liorta entre ambos. Segundo as testemuñas, asestoulle varias puñaladas que lle causaron a morte.
O detido está custodiado nas dependencias da Policía Nacional en Sevilla e pasará nas próximas horas a disposición xudicial.