CRTVG

Buscar

Deteñen un dos implicados no dobre acoitelamento entre dous homes en Vimianzo

Publicado o 03/06/2021 15:13

A brigada científica investigaba este xoves as circunstancias do presunto dobre acoitelamento en que dous homes, que foran parella, quedaron feridos por arma branca nunha vivenda da parroquia de Calo, en Vimianzo.

Segundo apuntan os veciños, o residente na casa, un home natural de Valencia, duns 30 anos, non era conflitivo pero que cando recibía a visita da súa exparella, un veciño de Muxía, escoitábanse moitas discusións como a que onte á tarde rematou en traxedia.

O veciño de Valencia recibiu sete coiteladas, dúas delas graves que lle causaron lesións no pulmón. Foi trasladado en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, onde permanece en estado crítico. 

A súa exparella presentaba varios cortes superficiais, polo que se sospeita que se autolesionou tras cometer a agresión. Despois de ser atendido no hospital Virxe da Xunqueira de Cee recibiu a alta. Permanece detido nas dependencias da Garda Civil de Carballo á espera de pasar a disposición xudicial.

Noticias web

03/06/2021