Detido un condutor que circulou en sentido contrario pola A-6 para fuxir dun control
Publicado o 30/03/2021 13:53
A Garda Civil prendeu un veciño de Madrid que circulou en sentido contrario pola A-6 para eludir un control aquí en Pedrafita do Cebreiro. Ía en dirección á Coruña cando se atopou co dispositivo de seguridade e deu a volta de forma repentina en plena autovía.
O kamikaze iniciou daquela a marcha en sentido oposto ao da circulación, poñendo en grave risco o resto dos usuarios, que tiveron que facer cambios bruscos de carril ou mesmo deterse totalmente para evitar un choque frontal.
Finalmente, foi interceptado á altura de Vilafranca do Bierzo. Sobre o condutor, que xa foi posto a disposición da xustiza, pesaba unha orde de busca e captura ditada por un xulgado de Barcelona.