CRTVG

Buscar

Detido un condutor de ambulancia por degolar un enfermeiro nun hospital de Madrid

Publicado o 06/03/2021 17:21

 

 

Detido un condutor de ambulancia por degolar un enfermeiro nun hospital de Madrid

Un condutor de ambulancia fóra de servizo entrou vestido co seu uniforme no servizo de urxencias do Hospital Príncipe de Asturias de Alcalá de Henares e atacou un enfermeiro. Os dous homes mantiveron unha forte discusión no interior do centro.

Os dous homes agresor e vítima que era delegado sindical de Sanidade, tiñan problemas persoais entre eles. O condutor de ambulancias acoitelou ao enfermeiro nas dependencias e causoulle a morte. O falecido era pai de dous fillos e o agresor levaba dous anos traballando como condutor de ambulancias na subcontrata do Summa 112.

Persoas do propio hospital realizoulle a asistencia ao home que recibiu o ataque con arma branca.

 Axentes da policía nacional detiveron pouco despois ao agresor por supostamente asasina ao seu compañeiro.