Detido un concelleiro do PSC por un presunto atraco con pistola a un taxista
Publicado o 07/10/2021 20:16

A policía detivo un home en Barcelona por atracar un taxista cunha pistola e roubarlle o coche e 11.000 euros. O detido é un concelleiro do Partido Socialista de Cataluña na localidade de Cánoves, que xa foi suspendido de militancia. Está investigado ademais por unha presunta estafa de 145.000 euros. O xuíz deixouno en liberdade con cargos.