Detido un aparcacoches ilegal por agredir un policía en Lugo
Publicado o 15/03/2021 15:33

A Policía Local detivo un dos aparcacoches clandestinos que se colocan na zona do hospital de Lugo. Está acusado de agresión e ameazas de morte.
O detido pedía cartos aos cidadáns que estacionaban alí o seu vehículo. Un deles chamou a policía ao sentirse coaccionado, e mesmo denunciou que cando volveu polo coche para marchar foi ameazado.
Lonxe de desistir na súa actitude, o aparcacoches ilegal desafiou os axentes e mesmo empurrou un deles contra un vehículo, polo que foi arrestado.