CRTVG

Buscar

A prisión despois de tirar pola ventá 20 quilos de cocaína preparada para vender

Publicado o 26/03/2021 19:52
A prisión despois de tirar pola ventá 20 quilos de cocaína preparada para vender

O xuíz enviou a prisión un home en Madrid detido por guindar pola fiestra 20 quilos de cocaína, preparada para vender. A droga apareceu dentro dunha bolsa de deporte. Os axentes deron co propietario tras unha ardua investigación. Dentro da vivenda descubriron 5.000 euros en efectivo e material para envasar a cocaína. Ademais comprobaron que o seu vehículo estaba manipulado para esconder a droga.




 

Noticias web

26/03/2021