Detido por ir drogado e a toda velocidade nun patinete eléctrico polo centro de Vigo
Publicado o 31/07/2019 19:58

Drogado, ás 9 e vinte da mañá, e a toda velocidade nun patinete eléctrico por unha céntrica beirarrúa de Vigo. Ese foi o panorama co que se atopou a Policía Local, que detivo un vigués de 42 anos por circular baixo os efectos de substancias tóxicas.
O home foi interceptado na rúa Camelias cando circulaba con claro risco para os peóns. A proba de drogas deu positivo en opiáceos e anfetaminas, polo que os axentes inmobilizaron o patinete e trasladárono ao depósito municipal.