Detido en Vigo por intento de agresión sexual á súa exparella
Publicado o 06/06/2021 19:19
A Policía de Vigo detivo un mozo de 25 anos por un intento de agresión sexual á súa exparella.
Segundo a súa denuncia, a vítima acudiu á vivenda da súa exparella para recuperar uns cartos que lle debía e foi nese momento cando intentou abusar dela.
El nega os feitos e asegura que sorprendeu a moza cando intentaba roubar no seu domicilio. O sospeitoso permanece en comisaría e pasará o luns a disposición xudicial.