CRTVG

Buscar

Detido por homicidio imprudente o actor porno Nacho Vidal

Publicado o 03/06/2020 13:21
Detido por homicidio imprudente o actor porno Nacho Vidal

O actor de cine para adultos Nacho Vidal é un dos tres detidos acusados por un homicidio imprudente ocorrido en xullo de 2019 na localidade valenciana de Enguera ao ofrecer veleno de sapo a unha persoa ao parecer morreu durante un ritual satánico. A vítima foi o fotógrafo de moda José Luis Abad.

Ignacio Jordà González, máis coñecido polo seu nome artístico: Nacho Vidal (Mataró, Barcelona, 1973), ten unha vivenda nesta localidade valenciana, onde pasou a súa infancia coa súa familia. Tras pasar a disposición xudicial, o actor quedou en liberdade provisional.

Nesta operación, denominada Yurta, a Garda Civil detivo a tres persoas nesta casa, unha delas é o coñecido actor porno, as outras son un empregado e un familiar.

O Equipo de Policía Xudicial de Xàtiva iniciou as investigacións tras o falecemento dunha persoa durante a celebración dun ritual místico baseado na inhalación dos vapores do veleno dun sapo da especie 'bufo alvarius'; veleno coñecido como 'molécula de Deus'.

Logo de once meses, os investigadores puideron constatar a existencia dun delito de homicidio por imprudencia e un delito contra a saúde pública, supuestamente cometido por as persoas que organizaron e dirixiron o ritual.

Tamén se puido demostrar que se trataba dunha actividade con fins terapéuticos ou medicinais que en si mesma supoñía un serio risco para a saúde pública, coa que ademais se enmascaraba un ritual ancestral aparentemente inofensivo.

Con este reclamo captábanse persoas fortemente suxestionadas, nun estado de vulnerabilidade ou necesidade de sandar determinadas doenzas ou adiccións, para o que se ofrecían métodos alternativos á medicina.

Por estes feitos detivéronse tres persoas, dous varóns e unha muller, de idades comprendidas entre os 37 e 50 anos e de nacionalidade española, que pasaron a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Xàtiva. EFE.