CRTVG

Buscar

Detido por guindar pedras contra un restaurante en Vigo

Publicado o 05/10/2021 14:42

Na parede do local aínda se poden ver as pedras que presuntamente guindou o detido. Os traballadores encerráronse na oficina para evitar que os golpease. O home negárase a pagar o que consumira e tiveron que decirlle que marchase.

"Non quixo pagar, era hora de pechar e o meu compañeiro díxolle que marchase: levantouse colleu unha cadeira da terra e estampuna contra o chan. Marchou pero aos dez minutos regresou con cinco ou seis pedras. Guindounas. Se lle dese a alguen, sería moi malo", explica Ali Ahmad, traballador do restaurante.

Cando tratou de fuxir, dous traballadores seguírono, e presuntamente golpeounos cunha barra. "Deume na perna esquerda e ao meu compañeiro na testa coa pata da cadeira. Marchou pola rúa de en fronte e xa chegou a policía e levárono", relata Ahmad.

Cando os axentes da Policía Local chegaron, conseguiron deter a liorta, pero o mozo presentou resistencia. Finalmente foi detido polos presuntos delitos de desobediencia grave, resistencia, agresión e danos materiais.

Noticias web

05/10/2021