Detido por atropelar unha muller en Ourense e triplicar a taxa de alcolemia permitida
Publicado o 21/02/2020 19:25
Unha muller quedou ferida esta tarde nun accidente ocorrido na cidade de Ourense. Foi na confluencia das rúas Ervedelo e Avenida de Portugal. O vehículo foi contra un colector do lixo e o escaparate dun comercio. A muller, que está ferida grave, quedou atrapada entre o coche e a tenda. Os bombeiros tiveron que intervir para sacar a muller. O copiloto do coche, un menor de 12 anos, tamén quedou ferido. O condutor do vehículo triplicou a taxa máxima permitida de alcol e quedou detido.