Detido o sospeitoso de roubar un coche en Cambados e incendialo nun monte de Poio
Publicado o 09/08/2019 10:54

A Garda Civil prendeu o sospeitoso de roubar un coche en Cambados, fuxir dun control policial no Vao e logo prenderlle lume na zona forestal de Fragamoreira, en Poio.
A detención foi resultado da colaboración coa Policía Nacional, xa que foi unha patrulla deste corpo a que avisou a Benemérita de que tiñan localizada no Vao de Arriba a persoa que fuxira daquel control.
Os axentes atribúenlle diversos roubos cometidos o día dos feitos, entre eles o dun ciclomotor que colleu en Vigo e deixou abandonado en Cambados, pouco antes de roubar o coche que logo incendiou.