CRTVG

Buscar

Deteñen o presunto asasino dunha muller embarazada e o fillo de sete anos en Mallorca

Publicado o 18/05/2021 08:49
Deteñen o presunto asasino dunha muller embarazada e o fillo de sete anos en Mallorca

Detido o presunto autor do dobre crime machista en Sa Pobla, en Mallorca. É un home de 26 anos que chamou a Garda Civil para entregarse. Os cadáveres das vítimas, unha muller de 28 anos, embarazada, e o fillo, de sete, foron localizados pola Policia Local no domicilio onte á tarde tras ser alertada por un familiar. Supostamente foron asfixiados. A parella estaba en trámites de separación e o presunto asasino xa fora denunciado por violencia de xénero pola vítima e tivera unha orde de afastamento que xa rematara.

Noticias web

18/05/2021