O ex-presidente do Brasil Temer, acusado de liderar unha organización criminal
Publicado o 21/03/2019 21:51

O que fora ata hai tres meses presidente do Brasil está detido acusado de liderar unha organización criminal. Michel Temer foi arrestado en São Paulo no marco da operación Lavato Jato, a mesma trama corrupta pola que foi condenado Lula da Silva.
A Fiscalía considera a Temer responsable de desviar cartos da construción dunha central nuclear. Tamén o acusa de corrupción, malversación, de recibir subornos e de branqueo de cartos.