CRTVG

Buscar

Detido o histórico narcotraficante Miranda Velasco, colaborador de Miñanco e Oubiña

Publicado o 30/01/2019 22:16

A Policía Nacional detivo en Madrid un narcotraficante histórico, antigo colaborador de Sito Miñanco e Laureano Oubiña, que levaba máis de 15 anos fugado da xustiza. Trátase de Manuel Miranda Velasco, un asturiano que modificara as súas pegadas dixitais con enxertos de pel e fixera un implante de cabelo para evitar ser recoñecido. Contra el había varias ordes de detención e prohibicións de saída do país referidas a distintas identidades que adoptara.

 

Noticias web

30/01/2019