CRTVG

Buscar

Detido o condutor que circulou 25 quilómetros en sentido contrario por unha autoestrada de Huelva

Publicado o 26/07/2020 11:34

A Garda Civil detivo en Huelva ao condutor que hai un mes circulou 25 quilómetros en sentido contrario pola autoestrada AP-49, entre Sevilla e Portugal.

Daquela, o kamikaze obrigou a realizar manobras evasivas aos usuarios que circulaban correctamente para evitar colidir, polo que se lle imputa un delito contra a seguridade no tráfico.

As imaxes das cámaras de videovixilancia foron fundamentais para dar co condutor infractor, un home de 50 anos, que no momento dos feitos probablemente estaba baixo a influencia de bebidas alcólicas.

Noticias web

26/07/2020