CRTVG

Buscar

Detido nunha aldea de Cidade Real tras matar a seu pai de forma violenta

Publicado o 14/05/2019 19:33

Loito en Socuéllamos, Cidade Real, pola morte violenta dun veciño de 84 anos, asasinado, presuntamente, polo seu fillo, de 46. A Garda Civil localizouno horas despois agochado nunha fábrica e arrestouno. Nas próximas horas pasará a disposición xudicial.

Sucedeu de madrugada nesta localidade de 12.000 habitanes de Cidade Real. Un home de 46 anos agrediu o seu pai, de 84, cun coitelo ou unha arma semellante e causoulle feridas moi graves; unha delas, no pescozo, era mortal. Foi a muller da vítima quen chamou a policía para alertar da morte violenta do seu home. 

"En canto chegaron, atoparon un home falecido con síntomas de violencia e, en fin, que estaba todo, a verdade, pois nun estado moi delicado".

A vítima estaba no chan do domicilio familiar. Os equipos de emerxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida. O xuíz ordenou o levantamento do cadáver mentres a Garda Civil buscou durante horas o presunto parricida. Finalmente, localizouno agochado nunha fábrica de materiais de construción.

A corporación municipal gardou un minuto de silencio e decretou dous días de loito. Ademais, os partidos políticos decidiron suspender os actos deste martes da campaña electoral.

 

Noticias web

14/05/2019