Detido nun amplo dispositivo en Ribadeo nunha operación contra o narcotráfico
Publicado o 28/10/2020 21:21
A Garda Civil desprega un amplo dispositivo en Ribadeo nunha operación contra o narcotráfico. De momento, detiveron un veciño de 48 anos que circulaba pola autovía do Cantábrico con medio cento de doses de cocaína e case 90 de heroína.
A investigación comezou cando os axentes detectaron un movemento constante de toxicómanos nos arredores dunha vivenda de Ribadeo. Un forte dispositivo de vixilancia permitiu localizar o sospeitoso, que se facía coas drogas en Ferrol para despois vendelas na Mariña nas fins de semana.
O detido xa pasou a disposición xudicial en Mondoñedo. A operación segue aberta e non se descartan novas detencións.