CRTVG

Buscar

Detido no aeroporto da Lavacolla un home que tiña 26 ordes requisitorias

Publicado o 12/05/2021 13:51
Detido no aeroporto da Lavacolla un home que tiña 26 ordes requisitorias

Detido no aeroporto da Lavacolla un home con 26 ordes requisitorias de varios xulgados do país. Trece delas ordes de busca. O home, de 35 anos e nacionalidade española, foi arrestado durante o control de documentación de pasaxeiros dun voo procedente dos Países Baixos. Os axentes constataron que tiña múltiples requisitorias, na súa maioría relacionadas con presuntos delitos contra o patrimonio, estafas, furtos ou apropiacións indebidas. O xuíz ordenou o seu ingreso en prisión.

Noticias web

12/05/2021