CRTVG

Buscar

Detido en Vigo un terceiro home implicado no transporte de 30 quilos de haxix en coche desde o estreito

Publicado o 24/03/2021 18:32

En Vigo, xa son tres os detidos nunha operación contra o tráfico de haxix. O terceiro arrestado, duns 30 anos, estaba agochado nun hotel e rexistrado cun nome falso. Cren que el é o líder dunha banda que traía haxix dende o estreito ata Vigo para distribuílo por toda a comarca. Eles mesmos ían a Andalucía para tratar cos narcotraficantes marroquís e traían a mercadoría en coche.

Calcúlase que facían 1 viaxe semanal e que movían uns 100 quilos de droga ao mes. De feito, aos dous primeiros detidos colléronos entrando en Vigo con 30 kg de haxix. Os tres arrestados nesta operación pasarán a disposición xudicial este xoves.

Noticias web

24/03/2021