Detido en Vigo por golpear a porta da exparella cun martelo
Publicado o 18/12/2020 15:11

A Policía Local de Vigo detivo un home 45 anos como presunto autor dun delito de violencia machista. Collérono na allada cando estaba a golpear a porta da súa exparella cun martelo.
Era a segunda vez que a policía acudía na mesma noite ao lugar. Para evitar que escapase, os axentes dividíronse entre a escaleira e o ascensor do edificio. A vítima xa tivera que desconectar o timbre do piso para evitar que llo queimara coas chamadas constantes.